Nas medidas que compoñen a reforma laboral aprobada polo Goberno, a única orientada á creación de emprego é o novo contrato indefinido para os emprendedores. O nome parece chamativo, pero en realidade pode acollerse a esta modalidade de contratación calqueira empresa que teña menos de 50 traballadores, sempre que non teña recurrido a despedimento por causas obxectivas declarados improcedentes ou a despidos colectivos nos seis meses anteriores á contratación.
Este tipo de contrato será de carácter indefinido e sempre a xornada completa e, ademais, terá um período de proba dun ano. Durante o mesmo, a empresa poderá prescindir do traballador sen pagar indemnización por despido. Ademais a celebración deste contrato dará dereito a unha serie de beneficios fiscais e a bonificacións nas cuotas á Seguridade Social, sempre que a empresa manteña en plantilla ao traballador durante tres anos.
Deduccións fiscais
No caso de que este contrato sirva para incorporar ao primeiro traballador da empresa, e se este é menor de 30 anos, a empresa poderá aplicar unha deducción fiscal de 3.000 euros.
Ademáis, si o traballador está desempregado e cobra a prestación por desemprego, a empresa poderá deducir fiscalmente o 50% da prestación que o traballador teña pendente de cobrar no momento da firma do contrato. Esta deducción terá un límite de doce mensualidades y, ademáis, o traballador deberá ter percibido a prestación durante, polo menos, tres meses antes da contratación.
O importe desta última deducción fixarase no momento en que se inicia a relación laboral y, para elo, o traballador deberá entregar á empresa un certificado do Servizo Público de Emprego Estatal co importe da prestación que queda pendente de recibir nese momento.
O traballador tamén poderá completar o seu salario co 25% da prestación que tivera recoñecida e pendente de recibir no momento da súa contratación. O traballador poderá elexir este sistema de xeito voluntario, xa que esto suporá que o traballador vaia consumindo a súa prestación mentras traballa e non poderá recuperala se volvese á situación de desemprego.
Bonificacións da Seguridade Social
Este tipo de contrato tamén dará dereito a aplicar unha serie de bonificacións nas cuotas da Seguridade Social cando el traballador contratado estea inscrito nas Oficinas de Emprego.
En concreto, a contratación de xoves entre 16 e 30 anos, ámbolos dous incluídos, dará dereito á empresa a aplicar bonificacións na cuota empresarial á Seguridade Social segundo o resumo seguinte: