Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas definitivas da entrevista do proxecto "Lugo Emprego Activo 2"

26/03/2012

No día de hoxe, foron publicadas as listas definitivas correspondentes á entrevista curricular por escrito das persoas inscritas na primeira fase do proxecto de inserción sociolaboral, cofinanciado con fondos da Unión Europea, “Lugo Emprego Activo 2”. Nelas especifícanse a data, a hora e o lugar onde deberán presentarse ás persoas admitidas.

Nesta ocasión o proceso selectivo realizarase a través dunha entrevista curricular por escrito á que deberán presentarse todas as persoas interesadas en formar parte do proxecto formativo. Deberán ademais aportar a documentación relacionada nas bases de participación e na ficha de inscrición.



Cooperación
Concello de Lugo