Logotipo
Inicio > Novas > Onte tiveron lugar n...

Onte tiveron lugar no Pazo de Feiras as probas para o Lugo Emprego Activo 2

28/03/2012

Na mañá de onte realizouse a entrevista curricular escrita para optar a unha das sete accións formativas pertencentes ao proxecto de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e desenvolvido dende Espazo Lab (Centro de orientación laboral do Concello de Lugo).

Imaxen asociada a nova Estímase que a participación na entrevista curricular, que tivo lugar no Pazo de Feiras e Exposicións en tres quendas, acadou o 90% do total de persoas inscritas. O programa Lugo Emprego Activo 2 ponse en marcha con sete itinerarios nos que se ofrecen 105 prazas ás que se presentaron 1.556 persoas. Os cursos son de monitor/a de turismo activo, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, monitor/a de ludotecas, elaborador/a de queixos, técnico/a en transporte sanitario, instalación e mantemento de xardíns e enquisador/a.

A entrevista curricular adaptouse ao contemplado no baremo de selección aprobado por decreto e que foi publicado e exposto no Taboleiro de anuncios do Concello de Lugo.

Unha vez realizado o proceso de selección, no que se terán en conta os criterios que recollen as bases de participación publicaranse as listas de persoas admitidas e en reserva no proxecto Lugo Emprego Activo 2.



Cooperación
Concello de Lugo