Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas definitivas das persoas admitidas no proceso selectivo do proxecto europeo de mobilidade LugoQualitas 2

12/04/2012

 No día de hoxe foron publicadas as listas definitivas das persoas admitidas para tomar parte no proceso selectivo do proxecto europeo de mobilidade LugoQualitas 2.

Imaxen asociada a nova  IMPORTANTE:

O vindeiro día 16 de abril de 2012 as 10:45 nas instalacións de Espazo Lab, desenvolverase unha sesión informativa para as persoas admitidas en dito proceso selectivo.

Lugoquálitas 2, é un proxecto do Concello de Lugo, pertencente ao programa Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente, que ten como obxectivo que recen titulados universitarios e de formación profesional realicen prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, co que poderán coñecer os métodos e formas de traballo das empresas en Europa, ademais de mellorar as súas capacidades de cara á integración plena no mercado de traballo.

O obxectivo é permitir que mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que acaban de rematar os estudos universitarios ou de Formación Profesional en Lugo, continúen o seu itinerario formativo a través da realización de prácticas profesionais en empresas europeas. Para máis información pódense dirixir ao Centro de Orientación Laboral Espazo Lab do Concello de Lugo.



Cooperación
Concello de Lugo