Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas das entrevistas curriculares das persoas solicitantes para participar no programa europeo de mobilidade LugoQualitas 2

19/04/2012

Con data 18 de abril de 2012, pubícanse no Taboleiro de Edictos do Concello de Lugo, as listas das entrevistas curriculares das persoas solicitantes para participar no proxecto europeo de mobilidade LugoQualitas 2.

Imaxen asociada a nova O prazo para presentar ás reclamacións oportunas é de cinco días naturais a partir do día seguinte á publicación.

LugoQualitas 2, é un proxecto do Concello de Lugo, pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente, que ten como obxectivo que mozos/as con titulación universitaria e/ou de formación profesional realicen prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, co que poderán coñecer os métodos e formas de traballo das empresas en Europa, ademais de mellorar as súas capacidades de cara á integración plena no mercado de traballo.

Para máis información pódense dirixir ao Centro de Orientación Laboral Espazo Lab do Concello de Lugo.



Cooperación
Concello de Lugo