Logotipo
Inicio > Novas > López Orozco presentou o proxecto do primeiro...

López Orozco presentou o proxecto do primeiro viveiro de naves industriais do Concello de Lugo

19/04/2012

  • O proxecto está configurado para a creación de 4 espazos diferentes, 2 con características de laboratorio e os outros 2 máis industriais
  • A encargada de facer o estudo de necesidades foi a empresa pública asturiana Valnalón que dispón de gran experiencia neste terreo
  • Porase a disposición dos emprendedores a través do sistema de aluguer con dereito a compra ao cabo de 4 anos

null

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañaron a Marta Pérez, Directora Xerente de Valnalón, e Laudino Fernández, Director Área Promoción de Valnalón, na presentación oficial do proxecto de promoción de naves industriais para o aluguer a emprendedores no Concello de Lugo.

López Orozco salientou que o que “se vai presentar hoxe é o traballo de estudo que estivo desenvolvendo a empresa Valnalón, cunha gran experiencia, co fin de que os emprendedores poidan ocupar esas naves en réxime de aluguer e así poder desenvolver a súa idea empresarial”. Neste sentido, o Alcalde, explicou que “esto hai que compaxinalo coa libre competencia xa que estamos falando dun polígono industrial no que xa hai instaladas numerosas empresas, polo que debemos evitar a competencia desleal”.

Por este motivo, o rexedor explicou que este proxecto enmarcado na Rede Mercurio, divídese en catro fases: estudio de necesidades, búsqueda de financiamento, construción das primeiras naves e adxudicación das mesmas aos emprendedores. “Só o espírito emprendedor é o que nos vai axudar a remontar a crise e dende as administracións temos a obriga de amparar e darlle a colaboración as persoas que loitan por sacar adiante proxectos empresariais” lembrou López Orozco.

A Directora Xerente de Valnalón referiuse a que este proxecto baséase na construción de catro naves de aluguer con opción de compra ao pasar os primeiros catro anos. Esta modalidade, moi usada no Principado de Asturias, tivo unha gran acollida e moi bos resultados na comunidade veciña, segundo destacou Marta Pérez. Así, os emprendedores, tras o pago da cota de aluguer fixada na fórmula de financiación e, tras un período máximo de 12 anos, pasarían a ser propietarios da nave. Tamén se estableceu un período de compra anticipada a partir do cuarto ano de aluguer de cara a conseguir un período de recuperación da inversión no máis breve espazo de tempo.

Pola súa parte, Laudino Fernández, realizou unha descrición das calidades técnicas do proxecto. Así, nese espazo de 2.380 metros cadrados, construiranse catro espazos diferentes de entre 500 e 750 metros cadrados, dous deles para uso máis industrial e os outros dous orientados de cara á instalación de laboratorios. O prezo do metro cadrado varía entra as diferentes modalidades, así o destinado á laboratorios é de 580 euros ao mes, e o destinado á industria é de 470 euros/mes. En todo caso, os emprendedores non terían que realizar investimento ningún nas naves, agás na compra da maquinaria ou produtos que precisen para desenvolver a súa actividade.

Con esta iniciativa os emprendedores lucenses disporán de espazos industriais máis grandes para desenvolver os proxectos iniciados nos viveiros de empresas da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion