Logotipo
Inicio > Novas > Vacantes no curso AF...

Vacantes no curso AFD "DinamizaciĆ³n comunitaria"

05/08/2012

O Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo conta con cinco postos vacantes na acción formativa “dinamización comunitaria”.

Competencia xeral:

Programar, organizar, dinamizar e avaliar actuacións de intervención social encamiñados ao desenvolvemento da participación cidadá e á articulación de procesos comunitarios.

Ámbito Profesional:
Desenvolve a súa actividade profesional no sector de prestación de servizos sociais orientada ás e os axentes que constitúen a comunidade para a articulación de procesos comunitarios en estruturas ou organizacións públicas, privadas ou de iniciativa social que contemplen a realización de programas e proxectos de intervención comunitaria e/ou participación cidadá, xunto a profesionais de nivel superior.

Sectores produtivos:
Ámbito público e privado, en diferentes centros ou equipamentos que presten servizos de carácter comunitario desenvolvendo funcións de programación, organización, dinamización e realización de proxectos de participación cidadá e comunitarios: Centros de servizos sociais, Centros comunitarios, Asociacións ou Servizos municipais.

Ocupacións e postos de traballo relacionados:
Animador/a comunitario en xeral
Animador/a sociocultural
Axente de desenvolvemento social
Axente de desenvolvemento local
Dinamizador/a comunitario/a
Asesor/a para o sector asociativo
Técnico comunitario
Xestor/a de asociacións

Nº de vacantes: 5+ reservas

Denominación do curso: “Dinamización Comunitaria” - número 2012/1936, con horario de 14:00 a 22:00

Perfil dos alumnos: Demandantes de emprego

Requisitos mínimos de acceso: Nivel de cualificación 3: Título BACHILLERATO ou equivalente.

Outros requisitos: CELGA 3 ou equivalente

Lugar de realización das probas de selección: Espazo>lab, centro de orientación laboral do Concello de Lugo.

Enderezo: Avda. Coruña 490 (antigo cuartel de Garabolos)

Localidade: Lugo

Teléfono: 982 297 361

Data da proba: 6 de agosto de 2012 ás 10:00 horas no Espazo Lab, Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo.



Cooperación
Concello de Lugo