Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas provisionais das bolsas formativas do proxecto "MURALLA DIXITAL"

09/08/2012

Foron publicadas as listas provisionais das persoas admitidas e excluídas para tomar parte no proceso selectivo de 32 bolsas formativas co fin de participar nos talleres de dixitalización do Proxecto "MURALLA DIXITAL", proxecto cofinanciado nun 75% polo FEDER no marco da 2ª convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Imaxen asociada a nova As devanditas listas provisionais están expostas no Taboleiro de Edictos do Concello de Lugo e tamén se poden consultar na páxina web institucional do Concello de Lugo www.lugo.es (proxecto "MURALLA DIXITAL") e na do propio proxecto www.muralladigital.eu.

Infórmase que se establece un prazo de emendas da documentación requirida de TRES DÍAS NATURAIS dende a publicación destas listas provisionais tal como se establece nas bases da convocatoria (BOP Lugo n.º 150, 30 de xuño de 2012), é dicir, o prazo finaliza o VENRES 10 de AGOSTO de 2012. As emendas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou por calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Descarga:
Decreto aprobacion listas provisionales



Cooperación
Concello de Lugo