Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Carmen Basadre presenta as actividades de prevención e asesoramento para os mozos e mozas de Lugo |

23-10-12

| Os días 2 e 3 de novembro terá lugar na Casa da Xuventude un taller de corresponsabilidade en colaboración co ximnasio Argos-Astur |

Foto.jpg Foto.jpg Foto.jpg

Dende o 1 de novembro estará a disposición de adolescentes e pais as Asesorías Xuvenís con novos horarios no Centro Social Uxío Novoneyra

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as novas actividades relacionadas coa prevención tanto de drogodependencias como de violencia de xénero que se van levar a cabo nos centros educativos da cidade e presentou un balance do curso pasado.

Carmen Basadre explicou que “o obxectivo do Concello é promover unha sociedade máis igualitaria pero, sobre todo, que sexan conscientes das problemáticas que se presentan actualmente, que saiban facerlles fronte e que te dispoñan de toda a información e formación posible para elo”.

Taller de Corresponsabilidade
Outra das actividades presentadas é o Taller de corresponsabilidade dirixido a homes e mulleres que se vai a celebrar os días 2 e 3 de novembro en horario de 18:00 a 21:30 horas na Casa da Xuventude. Para poder participar hai que inscribirse a través do correo electrónico iuventa@lugo.eu ou a través do 010 ata o 31 de outubro. Na actividade vai participar o ximnasio Argos-Astur que realizarán unha demostración de defensa persoal. Nestas xornadas, ademais de charlas informativas, os homes aprenderán a levar a cabo as tarefas domésticas básicas, e as mulleres coñecerán información sobre bricolaxe no fogar.

Asesoramento
Carmen Basadre tamén anunciou que dende o próximo 1 de novembro están abertas as Asesorías Xuvenís con novos horarios e que se atopan no Centro Social Uxío Novoneyra. Esta oficina que durante o curso 2011-2012 atendeu a preto de 200 mozos e mozas, modifica o seu horario para dar cabida as demandas que se presentan anualmente. Así, os que teñan algunha dúbida a nivel legal poden pasar pola asesoría xurídica os luns e mércores en horario de 19:30 a 21:00 horas. A asesoría afectivo-sexual pasa a ser o primeiro venres de cada mes en horario de 18:00 a 21:00 horas, neste caso redúcense o número de días xa que se aumentan o número de talleres sobre afectividade e sexualidade en todos os centros educativos da cidade. Por último, a asesoría psicolóxica, ante a alta demanda, aumenta as horas de atención e pasará a ser os días martes e xoves de 18:00 a 21:00 horas.

En todo caso, aqueles mozos e mozas que teñan algunha dúbida tamén poden enviar un correo electrónico asesoria.xuventude@lugo.eu .

Talleres Preventivos
Os obradoiros e talleres teñen como obxectivo a prevención, información e formación a través de programas de intervención socioeducativa a través de ferramentas que fomentan valores como a igualdade, a non violencia ou o consumo de sustancias tóxicas. Dentro destes obxectivos están enmarcados os programas PreviLugo e os Talleres de Prevención de Drogodependencias.

PreviLugo
Está dirixido ao alumnado de ESO e BAC e divídense en diferentes talleres cunha duración de entre catro e seis horas. Os talleres que se ofrecen aos centros educativos para este curso son: educación afectivo-sexual, técnicas de estudo, resolución de conflitos, habilidades sociais e orientación laboral. Como novidade para este curso, tamén se van levar a cabo sesións de cine formativo cun debate posterior para tratar temas como as redes sociais, a igualdade, o acoso ou os problemas alimenticios.
Nesta actividade participaron máis de 1.600 alumnos de 8 institutos diferentes nos que se levaron a cabo 23 talleres en grupos.

Obradoiros de Prevención en Drogodependencia
A responsable da área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude explicou que este programa é moi importante para coñecer e poder aclarar as crenzas e actitudes do alumnado en educación primaria e secundaria sobre as drogas e o seu consumo. Tamén se realizan talleres para pais e nais que teñen como obxectivo a sensibilización sobre o papel dos educadores de cara a prevención das drogas. Basadre destacou que no curso pasado “se levaron a cabo en 16 centros educativos e atendéronse a 90 familias nos diferentes talleres”.

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h