Logotipo
Inicio > Novas > Seis dos participant...

Seis dos participantes no programa europeo Lugoqualitas 2 cofinanciado polo Concello de Lugo conseguiron contratos laborais ao rematar as prácticas

04/01/2013

Esther Muñóz informou que “o Concello vai apoiar sempre este tipo de programas porque abren portas ao mercado laboral tanto español como europeo”.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, recibiu aos mozos e mozas que completaron a súa formación realizando prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, a través do programa Lugoqualitas 2 organizado polo Concello de Lugo e a Unión Europea.

Imaxen asociada a nova

Esther Muñóz fixo entrega dos diplomas e manifestou a súa alegría polas 6 persoas que conseguiron contratos laborais despois de rematar as prácticas e de varios que están pendentes de novidades laborais “xa que demostra que os mozos e mozas de Lugo están ben preparados”. Neste sentido, 3 dos alumnos lograron un contrato laboral en Hamburgo nas especialidades de Enxeñería e Turismo, 2 alumnos en Belfast na especialidade de Enxeñería, e un terceiro en Florencia no campo das instalacións de enerxías renovables. 

Esther Muñóz manifestou a súa alegría por estes novos contratos laborais e resaltou a importancia de manter este tipo de bolsas xa que axudan a abrir novos horizontes, coñecer outro mundo empresarial e máis “sabendo que os participantes aproveitan ben esta posibilidade de mellorar a súa formación e acadan contratos laborais”. 

Os mozos seleccionados para tomar parte no programa Lugoquálitas 2 de formación europea para a cualificación dos mozos lucenses, que organizan o Concello e a Unión Europea, dentro do programa Leonardo da Vinci, marcharon a mediados de setembro e voltaron a finais de decembro. Durante estes tres meses, estes mozos lucenses tiveron a oportunidade de mellorar a súa formación tanto na aprendizaxe dunha nova lingua como coa realización das prácticas, ademais de coñecer unha nova cultura e vivir unha enriquecedora experiencia desde o punto de vista persoal. 

As estadías neses países duran 12 semanas, as 3 primeiras adicadas a facer un curso intensivo da lingua do país de destino no que perfeccionarán o idioma e aprenden vocabulario específico para o mellor aproveitamento das prácticas e as 9 semanas restantes están adicadas á realización de prácticas en empresas dos sectores correspondentes ós estudos que cursaron, o que lles permite coñecer unha empresa europea do seu sector e tamén comprender o funcionamento dun novo mercado de traballo.



Cooperación
Concello de Lugo