Logotipo
Inicio > Novas > Guía práctica de bus...

Guía práctica de busca de emprego para facilitar a entrada no mercado laboral

22/01/2013

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, explicou que existía a necesidade de facer algo así xa que cada vez son máis as persoas que se achegan a pedir información e asesoramento ao Espazo<Lab.

Imaxen asociada a nova  A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou unha Guía práctica de busca de emprego orientada aos traballadores e traballadoras desempregados para a busca activa de emprego.


O documento, elaborado dende o Centro de Orientación do Espazo>Lab, pretende orientar ás persoas desempregadas para dirixir mellor os seus esforzos na busca activa de emprego, que xunto con outras fórmulas como a atención personalizada ou os talleres de formación específicos, poden mellorar as expectativas á hora de atopar traballo.

Esther Muñóz destacou que “cada vez hai máis demanda de asesoramento e información polo que decidimos crear esta guía con consellos útiles en aspectos como dirixir a busca de emprego, como redactar o curriculum, perder o medo ás probas de selección e afrontar entrevistas de traballo”. A responsable da área de Formación, tamén sinalou que nos últimos talleres de busca activa de emprego “foi tanta a demanda que tivemos que ampliar o taller a dúas semanas para dar collida a todos os interesados, atendendo en total a uns 300 desempregados”.

Desta guía editáronse 1.000 exemplares en galego e castelán que están dispoñibles nas oficinas do Espazo>Lab e nas páxinas web www.lugo.es/espazolab e www.lugo.es/europedirect .


· GUIA DE EMPREGO.pdf

· GUIA DE EMPLEO.pdf


Cooperación
Concello de Lugo