Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
Ábrese o prazo do concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIII


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou o martes 29 de xaneiro das datas para as persoas que estean interesadas en participar no Concurso para o cartel Arde Lucus MMXXIII.

Por segundo ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espírito da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía. O prazo para poder presentar os traballos é entre hoxe martes 29 de xaneiro e o 28 de febreiro, como na edición anterior valorarase o predominio da cor vermella como simboloxía do lume e o fincapé na reconstrución histórica. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.

2013_bases_cartel_arde_lucus.pdf

Concellería de Xuventude Injuve