Logotipo
Inicio > Novas > A Concelleira de Edu...

A Concelleira de Educación participa na clausura dun curso de técnicas de intervención policial

04/02/2013

 O Concello colaborou co Sindicato Unificado de Policía na organización deste curso que se impartiu en dependencias municipais.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, participou o pasado xoves no acto de clausura do curso sobre técnicas de intervención policial organizado polo Sindicato Unificado de Policías coa colaboración do Concello.

Imaxen asociada a nova  O curso, dirixido a integrantes da Policía Local, tivo lugar en dependencias municipais. As clases teóricas impartíronse nunha aula cedida polo Espazo>lab mentres que as sesións prácticas tiveron lugar no parque de Bombeiros.


O curso desenvolveuse en horario de mañá entre o 29 e o 31 de xaneiro e contou coa participación de sesenta persoas.

No acto de clausura tomaron parte, ademais da Concelleira de Educación, o representante do SUP en Galicia, José Freire; o Xefe Superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias, o Comisario provincial, Manuel Teijeiro, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.

Como mostra de agradecemento pola colaboración do Concello, o Sindicato Unificado de Policía entregoulle a Esther Muñoz unha placa conmemorativa.



Cooperación
Concello de Lugo