Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Carmen Basadre presentou novos cursos de formación do programa +XTI que acadaron un éxito importante na edición anterior |

05-03-13

| Os cursos, un de pastelería, outro de creación de empresas on-line e outro de director de tempo libre, están orientados á mozos e mozas de entre 16 e 30 anos desempregados |

Foto.jpg Foto.jpg

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá 6 novos cursos dentro das actividades de formación do programa +XTI Formación, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten un interese e atractivo para a mocidade.

Carmen Basadre destacou que “está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos porque moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo”. Ante os bos resultados dos cursos da edición anterior na que foron varios os alumnos que lograron un posto de traballo, decidiuse repetir en outras áreas nas que aínda hai nicho de mercado, como sinalou a Concelleira de Xuventude.

A inscrición debe facerse na Casa da Xuventude pero tamén se pode obter información na Oficina de Información Xuvenil (OIX) situado no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Os requisitos comúns será estar censado ou acreditar que traballan ou estudan na cidade e ter entre 16 e 30 anos.

Curso de E-Comercio
Esta actividade que conta cun total de 100 horas, 60 teóricas e 40 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. O número de prazas é de 20 persoas que poderán aprender a crear unha tenda on line entre o 23 de marzo e o 1 de xullo. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 13 de marzo.

Curso de Pastelería
Esta actividade que conta cun total de 170 horas, 80 teóricas e 90 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 09:30 a 13:30 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán aprender o oficio da pastelería entre o 22 de marzo e o 14 de xuño. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 13 de marzo.


Curso de Director de Tempo libre
Este curso homologado pola Xunta de Galicia, de 300 horas, 150 teóricas e 150 prácticas, vaise desenvolver os fines de semana. O número de prazas é de 15 persoas que realizaran as actividades entre o 16 de marzo e o 18 de maio. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse antes do 13 de marzo.

Toda a información e bases no apartado de Formación +XTi



Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h