Logotipo
Inicio > Novas > Nomeparo.eu nace co ...

Nomeparo.eu nace co obxectivo de axudar aos mozos a encontrar emprego ou formación na Unión Europea

08/03/2013

 Os mozos que teñan unha idea empresarial tamén encontrarán a información necesaria para emprender na UE.

A partir desta semana, os mozos españois que busquen formación ou traballo na Unión Europea terano máis doado: as Institucións Europeas en España e a Secretaría de Estado para a UE lanzaron o proxecto "Non me paro. Elixo o meu futuro".

Imaxen asociada a nova  A través da web Nomeparo.eu, que será presentada nas próximas semanas en oito feiras de emprego, aglutinouse a información de todos os fondos, programas e recursos dispoñibles en Europa para emprender ou para estudar e traballar fóra de España.


O Director da Oficina do Parlamento Europeo en España, Ignacio Samper, o Vogal Asesor da Secretaría de Estado para a UE, Asís Moreno, e o Director da Representación en España da Comisión Europea, Francisco Fonseca, presentaron esta mañá, na Sede das Institucións Europeas en España esta iniciativa, coa idea de que perdure e se consolide como un referente dentro dun plan de acceso a Europa por parte de todos os mozos", tal e como asegurou Ignacio Samper.

Segundo os datos que manexa EURES, o portal europeo da mobilidade profesional, os tres perfís máis demandados na actualidade son os relacionados co sector da enxeñaría, o persoal sanitario e os profesionais da hostalaría e o turismo. Os países que máis postos de traballo demandan a España son, por esta orde, Alemaña, os países nórdicos e un bloque composto por Reino Unido, Holanda, Luxemburgo e Francia. En 2012, máis de 30.000 empresas estaban inscritas na base de datos do portal como potenciais creadoras de emprego.

Ademais, mantéñense pontes de colaboración permanentes con países interesados en contratar profesionais españois e que inician, coa colaboración de EURES, procesos de selección masiva. Alemaña repite como o principal Estado que utiliza estes acordos habituais, seguido dos países nórdicos e Reino Unido.

Francisco Fonseca, Director da Representación en España da Comisión Europea, explicou que esta iniciativa é importante neste momento "en que os mozos europeos xa entenderon que o seu espazo é transnacional". O desemprego afecta ao 55% dos mozos, especialmente entre os 20 e os 24 anos. Por iso, "traballar no espazo europeo é unha ganancia neta para eles e tamén o será para unha sociedade como a nosa".

Emprender con axuda da UE
Asís Moreno, Vogal Asesor da Secretaría de Estado da UE, detallou que tras a posta en marcha da web e a súa presentación nas feiras de emprego realizarase un congreso en Madrid baixo o título "Os mozos ante o reto de Europa: emprego e crecemento".

Tamén sinalou os emprendedores como os posibles beneficiarios desta iniciativa porque "pon á súa disposición a información necesaria para o acceso ao financiamento que a UE proporciona a pequenas empresas".

A primeira cidade visitada foi Elche, na feira Educ@emplea o 4 e 5 de marzo. As seguintes cidades previstas serán:

1. Infocampus 2013 Pamplona. Pamplona. 8 e 9 de marzo
2. IX Foro Emprego e Emprendimiento. 20 e 21 de marzo. Bilbao
3. Salón de Educación, Formación e Emprego. Zaragoza. Abril
4. Encontro Interasociativo. Cartagena (Murcia). 1 de xuño
5. Biz Barcelona. Salón emprendedor Barcelona. Barcelona. 5 e 6 de xuño. 
6. Forempleo. Leganés (Madrid). 3 e 4 de outubro
7. Foro Ser Emprendedor. Málaga. 13 e 14 de novembro



Cooperación
Concello de Lugo