Inicio > Novas > "Jugamos por Europa"...


"Jugamos por Europa", un novo concurso de televisión para mozos con preguntas sobre a Unión Europea

08/04/2013

 As Institucións Europeas en España e a Secretaría de Estado para a Unión Europea queren estimular entre os mozos o debate sobre asuntos europeos.

Imaxen asociada a nova  Co fin de estimular o debate entre os mozos en torno a asuntos clave relacionados coa Unión Europea, as Institucións Europeas en España e a Secretaría de Estado para a Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación) organizan este ano o Concurso "Jugamos por Europa", que será televisado.


Os mozos seleccionados para participar nos programas televisados serán alumnos dos 19 centros escolares (un por cada CCAA máis as cidades autónomas de Ceuta e Melilla) que resultasen gañadores ou finalistas do Concurso Euroscola 2013.

Os programas serán gravados en Madrid, a partir de setembro de 2013, e emitiranse posteriormente na canle de televisión que gañe unha licitación previa que agora se está a preparar. Os centros escolares designarán dous alumnos concursantes, de 15 a 17 anos.

Onde ten a súa sede o Tribunal de Contas Europeo?, Cales son os idiomas oficiais de Bélxica?, Que documento permite aos cidadáns europeos ser atendidos en calquera país da Unión en caso de enfermidade?, poderán ser algunhas das preguntas que os alumnos respondan no concurso "Jugamos por Europa".

"Jugamos por Europa" baséase nun xogo de mesa realizado polos centros Europe Direct da Comunidade de Madrid, o Goberno de Cantabria, o Concello de Lugo, o Concello de Segovia, a Federación Asturiana de Concellos e a Cámara de Comercio de Oviedo. Consta de varios mini-xogos como "Eurofesta", "Eurosabes" e "Europalabra", todos eles relacionados con cuestións de cultura, historia e xeografía europea, ademais do funcionamento das Institucións Europeas.



Concello de Lugo