Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Carmen Basadre presenta o II Estudo Sociolóxico sobre hábitos de consumo en mozos e mozas de Lugo |

05-04-13

| A Concelleira de Xuventude tamén presentou as actividades de ocio Sábados +XTI que se celebran na Casa da Xuventude |

Foto.jpg

O estudo levado a cabo polo Servizo de Prevención de Drogodependencias pódese consultar no sitio web www.lugo.es/prevenciondrogas


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Técnico municipal do Servizo de Drogodependencias, Lidia Platas, presentaron o II Estudo Sociolóxico sobre hábitos e consumo de drogas entre os mozos e mozas de Lugo.

Carmen Basadre explicou que “este estudo pretende ser un referente para toda a poboación preocupada e afectada directa ou indirectamente polo consumo de drogas en xeral, e especialmente polo que levan a cabo os mozos e mozas lucenses entre os 10 e 18 anos” ademais de que “os resultados axúdannos a orientar as actividades e os cursos sobre prevención para que sexan máis eficaces”.

Para realizalo, o Servizo de Prevención de Drogodependencias, elaborou 2 cuestionarios exhaustivos un para aplicar aos alumnos do último ciclo de Primaria e outro para a ESO e BAC. A participación do 100% dos centros educativos fixo posible que responderan un total de 2.411 mozos e mozas lucenses dos que 1.589 eran correspondían con ESO e BAC e 822 alumnos eran de 5º e 6º de Primaria. O primeiro estudo levouse a cabo no ano 2005 para coñecer de primeira man os hábitos e actitudes que a poboación escolar lucense de entre 10 e 18 anos tiña sobre as drogas. A partir dos resultados obtidos o Concello puido traballar en base a unha realidade concreta, a uns consumos e actitudes reais para poñer en marcha talleres de prevención máis concretos e eficaces.

Destas enquisas elaborouse unha base de datos que está dispoñible na páxina web www.lugo.es/prevenciondrogas para que calquera persoa interesada poida consultalo e analizalo para ver como é a situación real da sociedade.

A responsable da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, explicou que con este estudo coñecemos os tipos de consumo, o lugar no que consumen, con quen o fan e os coñecementos que teñen das drogas, as aptitudes da xuventude e dos propios pais e nais. Así, en Primaria saen resultados como que 1 de cada 5 nenos menores de 13 anos probaron o alcol sendo menores de 10 anos e fixéronno dentro do propio fogar. As bebidas que teñen probado son o champán e a cervexa. Deles, o 70%, saben que o alcol e o tabaco son drogas e o 97% nunca probaron o tabaco.

No caso do alumnado da ESO e BAC, os resultados aportan que case un 50% dos mozos e mozas de 18 anos nunca probaron o alcohol e que o 85% chegaron á maioría de idade sen probar os porros. Curiosamente, dos alumnos enquisados, a cuarta parte descoñecen que o alcol é unha droga.

Pola súa parte, Lidia Platas, explicou que “con respecto ao ano 2005 notouse un descenso moi acusado no consumo de tabaco entre os mozos e mozas de ata 18 anos que pasou dun 30% a menos dun 10% o que significa que os talleres comezan a dar os seus froitos”.

Descargar o II Estudo Sociolóxico sobre hábitos de consumo en mozos e mozas de Lugo (arquivo comprimido)

Actividades +XTI

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua tamén presentou as actividades de prevención de drogodependencias entre a mocidade lucense a través dunha nova campaña baixo o nome de Sábados +XTI.

A Concelleira indicou que “o obxectivo é evitar prácticas pouco saudables, así como a iniciación no consumo de alcol e tabaco promovendo actividades saudables e lúdicas que resulten atractivas para a mocidade nun espazo no que socializarse e no que non se asocie o uso das drogas coa diversión”.

Entre as actividades destaca o parkour (ou arte do desprazamento), urban dance, skaters, torneos deportivos ou concertos de música. Todas elas terá lugar os sábados entre as 11:00 e as 14:00 e entre as 17:00 e as 21:00 horas na Casa da Xuventude. Así, os mozos e mozas de entre 12 e 19 anos poden achegarse a Casa da Xuventude para ter máis información das actividades.

Novas actividades +XTi para os sábados.

 

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h