Logotipo
Inicio > News > Publicadas no Boletín Oficial da Provincia as...

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases de axudas para instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas a empresas da zona URBAN.

24/04/2013

O BOP de hoxe 24 de abril, publica as bases das axudas do programa URBAN do Concello de Lugo (cofinanciado con Fondos FEDER), para empresas da zona delimitada dentro do ámbito de actuación do proxecto.

As axudas van destinadas a tres liñas principais de actuación: Mobiliario de terrazas, Rótulos e toldos de fachada e Fachadas.

As zonas susceptibles de subvención, delimitadas dentro da área de actuación do Proxecto URBAN, así como información sobre o mesmo, poden consultarse no web do proxecto.

A publicación da convocatoria no BOP, pode consultarse no seguinte enderezo electrónico.

O prazo de solicitude destas axudas rematará o vindeiro 21 de xuño.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion