Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
O Arde Lucus contará cunha cápsula do tempo que se preservará ata o ano 2.100

A cápsula sellarase o último día da festa do Arde Lucus 2013 e quedará na Praza de Campo Castelo ata que se volva a abrir



A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Antonio San Fiz e por Rubén Carricoba, membros da Asociación Terra Copora, presentaron esta mañá unha cápsula do tempo na que se depositarán diferentes obxectos que representan a sociedade actual e que se poderá abrir o ano no que a festa do Arde Lucus faga o seu centenario, no ano 2.100.

Desta maneira, o último día do Arde Lucus 2013, celebrarase un acto de peche das festas na Praza de Campo Castelo, no que se sellará un cilindro de aceiro de 50x50 centímetros e que non se volverá abrir ata o ano 2.100 no que se conservarán pezas aportadas por todas as asociacións e institutos de Lugo que representen a época actual da cidade.

Segundo explicaron os membros de Terra Cópora, xunto coa iniciativa vaise a enviar á Sociedade Internacional de Cápsulas do Tempo que xestiona a Universidade de Atlanta en Estados Unidos e onde quedará gardada toda a información para que cando chegue o momento avisen de que é hora de abrila. Esta iniciativa ten como obxecto de preservar vestixios dunha época para que poidan ser estudados por futuras xeracións.

Carmen Basadre sinalou que “desta maneira gardaremos un pouco da nosa época, do máis simbolico e representativo, para que os nosos descendentes coñezan o que sentíamos neste momento”. Ademais tamén informou que se vai poder ver durante os días previos ao Arde Lucus no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Concellería de Xuventude Injuve