Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| O psicólogo Bernabé Tierno impartirá dúas conferencias sobre formación e educación en Lugo |

06-05-13

| O prestixioso psicólogo estará o día 8 de maio na cidade para dar a coñecer a pais e nais e profesores diferentes estratexias de formación |

Foto.jpg

Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organízase unha Xornada Educativa con Bernabé Tierno, prestixioso psicólogo e pedagogo especializado en adolescentes que leva máis de 30 anos investigando sobre as causas do fracaso escolar e deseña estratexias para unha ensinanza e aprendizaxe máis eficaz.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa +Xti, levarase a cabo ao longo do mércores día 8 de maio. A primeira das accións será unha conferencia sobre Estratexias para o éxito escolar, formación en valores e habilidades sociais, que terá lugar no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, ás 12:30 horas. O público ao que está dirixido e para alumnos e profesores dos centros educativos da cidade.

Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 19:00 asinará libros na librería Trama, na Avenida da Coruña, e ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo, ofrecerá unha conferencia sobre as Claves para unha formación integral (valores humanos, intelixencia emocional, asertividade,..) dirixido a pais e nais, profesionais do ámbito socioeducativo e poboación en xeral que teña interese no ámbito da educación.

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h