Logotipo
Inicio > News > Bankinter súmase ás grandes compañías español...

Bankinter súmase ás grandes compañías españolas que apostan polo emprendemento.

07/05/2013

A entidade, a través da Fundación de la Innovación Bankinter, creou o programa emprendedores no que invertirá en start-ups relacionadas coas enerxías renovables, tecnoloxías da información, nanotecnoloxía, telefonías móbiles e tecnoloxías da saúde.

O programa promoverá a inversión nunha ducia de proxectos cada ano, proxectos que deberán contar cun alto potencial de crecemento e que se atopen nas súas fases iniciais, capital semente e early stage, e con perspectivas de internacionalización.

A iniciativa pretende non solo axudar ás start-ups na busca de financiación senóntamén ofrecer un asesoramento personalizado a aqueles proxectos cuxa financiación total se sitúe entre os 50.000 e 500.000 euros.

A Fundación de la Innovación Bankinter contará co apoio dun grupo de inversores colaboradores, tanto business angels como firmas de venture capital. Xunto a estes inversores, a entidade estudiará participar, a través de Bankinter Capital Riesgo, naqueles proxectos que sexan do seu interese.

O proxecto Emprendedores  abríu a convocatoria para a recepción de proxectos e polo momento xa invertíu en dous deles.

Mais información...


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion