07/05/2013
A entidade, a través da Fundación de la Innovación Bankinter, creou o programa emprendedores no que invertirá en start-ups relacionadas coas enerxías renovables, tecnoloxías da información, nanotecnoloxía, telefonías móbiles e tecnoloxías da saúde.
O programa promoverá a inversión nunha ducia de proxectos cada ano, proxectos que deberán contar cun alto potencial de crecemento e que se atopen nas súas fases iniciais, capital semente e early stage, e con perspectivas de internacionalización.
A iniciativa pretende non solo axudar ás start-ups na busca de financiación senóntamén ofrecer un asesoramento personalizado a aqueles proxectos cuxa financiación total se sitúe entre os 50.000 e 500.000 euros.
A Fundación de la Innovación Bankinter contará co apoio dun grupo de inversores colaboradores, tanto business angels como firmas de venture capital. Xunto a estes inversores, a entidade estudiará participar, a través de Bankinter Capital Riesgo, naqueles proxectos que sexan do seu interese.
O proxecto Emprendedores abríu a convocatoria para a recepción de proxectos e polo momento xa invertíu en dous deles.
Mais información...
Compartir: