Logotipo
Inicio > Novas > A Fundación Cotec presenta unha ferramenta de...

A Fundación Cotec presenta unha ferramenta de capacidade innovadora para PEMES.

07/05/2013

A Fundación Cotec, en colaboración con Cepyme, presentou unha ferramenta para analizar a capacidade de innovación das pequenas e medianas empresas que ofrece recomendacións para mellorar a súa situación.

A ferramenta, á que se pode acceder a través da páxina web da Fundación Cotec e do portal de Cepyme, permite ás pequenas e medianas empresas españolas coñecer as posibilidades que teñen de innovar a través dun breve cuestionario que amosa as súas fortalezas e debilidades e ofrece unha serie de recomendacións, que as pemes reciben por correo electrónico dunha maneira totalmente anónima.

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar a todas as pemes, a oportunidade de coñecer a súa capacidade innovadora ou dotarse dela, en caso de que non innoven, para poder mellorar a súa productividade e a súa competitividade.

Mais Información...


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion