Logotipo
Inicio > Novas > Seminario gratuíto de Inserción Laboral de Au...

Seminario gratuíto de Inserción Laboral de Autoemprego Cooperativo, no CEI-NODUS.

13/05/2013

UGACOTA, a través da Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Lugo, que está no CEI-NODUS, organiza este evento os vindeiros 23 e 24 de maio.

Os obxectivos do seminario organizado pola Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) en colaboración coa Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Lugo, son dar a coñecer e achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial, ás persoas desempregadas para que poidan optar ao autoemprego baixo a fórmula cooperativa.

O Seminario, constará de dúas sesións de cinco horas cada unha, desenvolvidas de 9.30 a 14.30 horas, no Edificio CEI-NODUS. Na primeira farase unha presentación do Proxecto Coopera+, UGACOTA e a Rede Eusumo e farase unha exposición dos aspectos xerais e diferenciadores do cooperativismo. a segunda sesión estará centrada no emprendemento colectivo contrastado con outras formas de emprego.

A inscripción poderase facer a travás de UGACOTA, no teléfono 981-57.55.78 ou ben mediante o correo electrónico rosaab@ugacota.coop.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion