Logotipo
Inicio > News > Programa ACCEDEMOS de Axudas ao Emprego Xuven...

Programa ACCEDEMOS de Axudas ao Emprego Xuvenil da Fundación MAPFRE.

14/05/2013

FUNDACIÓN MAPFRE pon en marcha a primeira convocatoria de Axudas ao Emprego Xuvenil como iniciativa para loitar contra a elevada tasa de paro xuvenil e ofrecer unha axuda ás empresas que necesiten contratar.

ACCEDEMOS ofrece aos xóvenes candidatos unha axuda de 3.000€ durante os seis primeiros meses de contrato. Irá dirixido ás pequenas empresas e aos xóvenes de 18 a 30 anos en situación de desemprego. Se a empresa convirte ese contrato temporal nun contrato indefinido, haberá outra axuda  adicional.

Con ACCEDEMOS, as empresas teñen a posibilidade de contratar un novo empregado cunha axuda económica de 3.000€ durante os seis primeiros meses de duración do contrato. Os xóvenes acceden a un posto de traballo, a xornada completa, que lles da a oportunidade de entrar no mercado laboral e poder comezar a desenvolver unha carreira profesional.

Ata o 30 de maio, as empresas con necesidade de contratar que cumpran os requisitos descritos nas bases,poden dirixirse á Fundación MAPFRE a través do e-mail accedemos@fundacionmapfre.org ou chamando ao 91 602 52 21 para adherirse ao programa.

A partir do 3 de Xuño e ata o 30 dese mesmo mes, os xóvenes poderán presentarte como candidatos a un emprego entrando na web, www.accedemosalempleo.org. Ao peche do prazo de inscripción na Convocatoria, levarase a cabo un proceso de selección xunto coa empresa correspondente, contratando ao candidato mais axeitado ao posto, durante seis meses. No caso que este contrato se renove nas condición que marcan as bases, o traballador será beneficiario doutra axuda adicional por parte de FUNDACIÓN MAPFRE.

Mais información...


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion