Logotipo
Inicio > Novas > Aberto o prazo para ...

Aberto o prazo para o proceso de acreditación de competencias profesionais

21/05/2013

 Validacións de módulos profesionais pola acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, indicando que quen teña acreditada unha unidade de competencia que forme parte do Catálogo nacional de cualificacións profesionais terá validados os módulos profesionais correspondentes, segundo se determine na norma que estableza cada título e se recolla na norma pola que se estableza o currículo correspondente.

Imaxen asociada a nova

Procedemento para a avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas polas persoas, a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

Requisitos

Idade: 18 anos (Nivel I) e 20 anos (Nivel II e III)
Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

Experiencia laboral:

Nivel I: xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
Nivel II e III: xustificar polo menos 3 anos cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

Formación:

Nivel I: xustificar polo menos 200 horas, nos últimos 10 anos transcorridos antes da convocatoria.
Nivel II e III: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes da convocatoria.

Nos casos nos que os módulos formativos asociados a unha unidade de competencia que se pretenda acreditar teña unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nos módulos.

Xustificación do historial profesional ou formativo

Experiencia laboral

Para traballadores asalariados:

Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, onde conste a empresa, categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación (vida laboral).
Contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirise a experiencia laboral, deberase especificar a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o período no que se realizou dita actividade.

Traballadores por conta propia ou autónomos:

Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, dos períodos de alta na seguridade social no réxime especial correspondente (vida laboral).
Descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo.

Para voluntarios ou bolseiros:

Certificación da organización onde se realizou a asistencia, onde consten especificamente as actividades e as funcións realizadas, o ano e o número total de horas.

Formación

En cada certificado presentado deberán constar os contidos e as horas de formación, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación.


Presentación de las solicitudes

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopará na páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp/.
A solicitude conforme ó modelo anexo III, despois de ser cuberta e xerada pola aplicación deberá imprimirse para a súa presentación , dirixida á secretaría dos centros onde se desenvolverá o proceso.

Prazo de presentación

Será de 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación de esta orde.
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

Fotocopia DNI / NIE no caso de que a persoa solicitante non autorice a consulta de datos no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo.
Documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo.
Declaración responsable anexo IV.
Cada participante deberá cubrir unha única solicitude.

Admisión de candidatos

Listados provisionais publicados en cada sede ou na páxina: http://www.edu.xunta.es/fp/, cun prazo mínimo de 15 días naturais

 desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte á publicación das listas provisionais para emendar ou completar a documentación.

As listas definitivas de persoas admitidas ou excluídas no procedemento publicaranse a partir do 10 de setembro.


· DOG Competencias Profesionais.pdf


Cooperación
Concello de Lugo