Logotipo
Inicio > Novas > IGAPE: RE-EXPORT 2013 - AVAIS PARA FACILITAR ...

IGAPE: RE-EXPORT 2013 - AVAIS PARA FACILITAR ÁS EMPRESAS GALEGAS O ACCESO A FINANCIAMENTO DESTINADO Á ACTIVIDADE EXPORTADORA.

22/05/2013

O obxectivo do programa é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa presenza nos mercados exteriores e apoiar tamén aquelas outras que xa se iniciaron no ámbito das exportacións e que teñen posibilidades de incrementar a súa presenza no exterior.

Poderán acceder aos avais as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que teñan radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.

A suma das operacións avaladas polo Igape para cada beneficiaria será como mínimo de 80.000 euros e máximo de 250.000 euros.O Igape responderá de ata o 50% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado. 

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de decembro do ano 2013.


Mais información...


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion