Logotipo
Inicio > Noticias > Convocatoria das subvencións a empresas e loc...

Convocatoria das subvencións a empresas e locais de negocio do Plan URBAN.

30/05/2013

O Boletín da Provincia publicou onte a convocatoria das subvencións a empresas e locais de negocio que se poderán solicitar ata o 12 de xullo.

Estas axudas cobren ata un máximo de 40.000 euros a inversión para a implantación de novos establecementos no casco histórico
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentou unha nova convocartoria das axudas do Plan
Urban correspondentes ao 2013 e que están dirixidas para o apoio de novas actividades económicas na zona urban.

As subvencións que concede o Concello a través deste programa, que financia xunto coa Unión Europea, a través dos fondos
FEDER, e a Deputación, cubrirán ata 40.000 euros de cada un dos proxectos que se presenten e poden solicitarse dende hoxe e
ata o 12 de xullo.

Estas axudas, que se conceden a fondo perdido e por un importe máximo do 50%, teñen o obxectivo de contribuir ó desenvolvemento do tecido económico do centro histórico e á creación de postos de traballo. No caso de medianas empresas cun límite por posto de traballo creado ou mantido a xornada completa cunha duración mínima dun ano de 6.000 euros por cada posto ocupado por homes e de 8.000 euros por cada posto ocupado por mulleres.

Na presentación das axuda, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou que o Concello vai adicar este ano 100.000 euros pero que se irá ampliando segundo o número de solicitudes presentadas. Neste mesmo sentido, deu a coñecer que esta liña de axudas ten bos resultados xa que nos tres últimos anos grazas a estas axudas se abriron 15 novos establecementos que crearon 21 postos de traballo no casco histórico.

Esta liñas de axudas diríxese a pemes que abran un centro de traballo na zona Urban ou ás empresas xa constituídas que fagan
un investimento que supoña a creación de postos de traballo de duración mínima dun ano. As bases das convocatorias pódense
consultar no BOP de onte e tamén na páxina web municipal www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion