Inicio > Novas > Convocatoria de 100 ...


Convocatoria de 100 postos de Axentes contractuais GF III e GF IV no ámbito da Seguridade das TIC

14/06/2013


Imaxen asociada a nova   Asistentes Grupo de Funcións III: 50 PRAZAS


Requisitos de titulación: Un nivel de estudos superiores, acreditado por un título, nun ámbito técnico relacionado coas tarefas mencionadas na sección II da convocatoria, ou Un nivel de educación secundaria, acreditado por un título, que dea acceso a estudos superiores, seguido dunha experiencia profesional de tres anos relacionada coas tarefas descritas na citada Sección II da convocatoria.

Coñecemento de idiomas: Coñecemento satisfactorio de inglés, francés ou alemán (nivel mínimo B2)

Analistas Grupo de Funcións IV: 50 PRAZAS

Requisitos de titulación: Requisitos de titulación: Estudos universitarios completos de polo menos tres anos, acreditados por un título, nun ámbito relacionado coas tarefas descritas na sección II da convocatoria.

Coñecemento de idiomas: coñecemento satisfactorio inglés, francés ou alemán (nivel mínimo B2).

O PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES finaliza o 16.07.13 (12,00 horas de Bruxelas )

A presentación de solicitudes realízase on line a través da páxina web de EPSO.

PROCESO SELECTIVO: Dúas fases:

Preselección por CV: Preselecciónase aproximadamente 2,5 veces o número de prazas que se convocan, entre os mellores candidatos. Realizarase en setembro 2013.

Selección: Os candidatos preseleccionados nesta primeira fase, son invitados a realizar unha proba consistente en preguntas de opción múltiple sobre coñecementos no ámbito das Tecnoloxías da Información, durante 50 minutos, en inglés, francés ou alemán. Realizarase en novembro 2013.

Facilítase enlace coa Páxina Web de EPSO e co BLOG EU Careers

Na Páxina Web da Dirección de Recursos Humanos da Comisión Europea ofrécese información xeral sobre a figura dos Axentes Contractuais.



Concello de Lugo