Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*New address
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Quiroga Ballesteros Street,, nº 1
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentation of the Counselor
IMay
Presentation of the Mayor
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| En xullo comezan tres novos cursos de formación e entretemento do programa +XTi |

27-06-13

Foto.jpg

As actividades levaranse a cabo no Centro de Convivencia Maruja Mallo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, presenta tres novos cursos que comezarán nos mes de xullo dentro das actividades de formación do programa +XTI, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten un interese e atractivo para a mocidade.

Este programa está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos porque moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo.

Curso de Complementos e detalles de coiro 

Esta actividade conta cun total de 15 prazas, que se vai desenvolver de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00 horas. A duración do curso é do 1 ao 12 de xullo. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Curso de creatividades con papel de Cómic e Pintura en Téxtil
Esta actividade conta cun total de 15 prazas, que se vai desenvolver de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00 horas. A duración do curso é do 15 ao 29 de xullo. O único requisito é ter máis de 12 anos. Tamén se celebrará no Centro de Convivenvia Maruja Mallo.

Curso de Monitor de Ludoteca
Esta actividade que conta cun total de 60 horas vaise desenvolver de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán coñecer como traballar nunha e que actividades realizar nunha ludoteca infantil, entre o 15 de xullo ao 6 de agosto. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 8 de xullo. O curso desenvolverase no Centro de Convivencia Maruja Mallo.


INFORMACIÓN SOBRE OS OBRADOIROS:

Complementos e detalles con coiro
Duración: do 1 ao 12 de xullo
Días: de luns a venres
Horas: das 12:00 ás 14:00 h
Lugar: C.C. Maruja Mallo (sala 4)
Persoas destinatarias: de 16 anos en diante
Prazas: 15

Creatividade con papel de Cómic e Pintura en Téxtil
Duración: do 15 ao 29 de xullo
Días: de luns a venres
Horas: das 12:00 ás 14:00 h
Lugar: C.C. Maruja Mallo (sala 4)
Persoas destinatarias: de 12 anos en diante
Prazas: 15
PRAZO ATA  O 28 DE XUÑO OU CUBRIR PRAZAS

Curso:
*Monitor/a de Ludoteca (60H)
Duración: do 15 de xullo ao 6 de Agosto (26 de xullo non hai curso)
Días: de luns a venres
Horas: das 10:00 ás 14:00 h
Lugar: C.C. Maruja Mallo (salón de actos)
Persoas destinatarias: de 16 a 30 anos
Prazas: 15
PRAZO ATA  O 8 DE XULLO OU CUBRIR PRAZAS

ACTIVIDADES TOTALMENTE   GRATUÍTAS!!      

INSCRÍBETE
NA CASA DA XUVENTUDE

Return

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Phone number: (0034) 982 297 498 Office hours: monday to friday, from 08:30 to 14:30 h