Logotipo
Inicio > Novas > Inicio cursos AFD no...

Inicio cursos AFD no Espazo Lab. Accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores e traballadoras desempregados/as

01/07/2013

 O Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo acolle a realización de dúas accións formativas que a Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral organizou dentro do plan AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores e traballadoras desempregados/as) e no que participan un total de 30 persoas en situación de desemprego.

Imaxen asociada a nova  Estas accións formativas contan coa financiación ao 100% do Fondo Social Europeo a través da  Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e o obxectivo é instruír ás persoas  participantes no sector da atención sociosanitaria a persoas no domicilio, outorgándose ó remate das mesmas, o certificado de profesionalidade correspondente á especialidade. 


Desenvólvense dúas edicións do curso:

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO (Horario mañá)
Duración: 618 horas
Data inicio: 1 xullo



Cooperación
Concello de Lugo