19/07/2013
O BOE de hoxe 19 de xullo de 2013, publica a Resolución do Instituto de la Juventud dependente do Ministerio de Sanidad, Asuntos Sociales e Igualdad, pola que se convoca o "Certamen Nacional de Jóvenes Emprendedores 2013".
Haberá dúas categorías (proxectos aínda non constituídos e proxectos constituídos nos últimos dous anos) en cinco modalidades : Turismo, ocio e tempo libre, Socio sanitario, Educación e formación,TIC´S e Agricultura e medio rural.
Poderán ser beneficiarios, emprendedores a título individual (autónomos) e sociedades, en todo caso comprendidas nas definicións de microempresa e PEME da Unión Europea.Os promotores deberán ser españois ou residentes legais en España, que en ningún caso superen os 35 anos.Os premios, en cada unha das categorías e modalidades, serán de 25.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOE.
Para mais información pode consultarse a
páxina web do INJUVE
e a convocatoria no
BOE .
Compartir: