26/07/2013
A Resolución da Axencia, foi publicada no DOG do pasado 22 de xullo, e o prazo de presentación de solicitudes remata o día 22 de agosto.
Os beneficiarios poderán ser empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Subvencionaranse os investimentos dirixidos a:
a) Investimentos innovadores.
b) Dotación de unidades de I+D.
c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.
Poderán ser subvencionables os proxectos cun custo subvencionable entre 50.000 e 300.000 euros para as axudas que teñen por obxecto os investimentos innovadores e cun custo subvencionable superior a 30.000 euros para as dotacións de unidades de I+D. Non se establece custo mínimo para os investimentos de transferencia de tecnoloxía.
Os formularios de solicitude das subvencións deberanse obter, cubrir, aceptar e imprimir, no caso de que a presentación non sexa telemática, necesariamente a través da aplicación informática establecida nos enderezos da internet
https://sede.xunta.es ou
http://gain.xunta.es. Poderanse cubrir, obter e aceptar os formularios válidos de solicitude ata as 24.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Compartir: