Inicio > Novas > Programa de subvenci...


Programa de subvencións de iniciativas para promover o debate e aumentar a sensibilización acerca das prioridades políticas da UE

29/07/2013

 A Representación da Comisión Europea en España («a Representación») ofrece un cofinanciamento de proxectos para iniciativas de universidades, grupos de reflexión e outras organizacións sen ánimo de lucro que operen en calquera das Comunidades Autónomas de España. A convocatoria está deseñada co obxectivo de proporcionar cofinanciamento a proxectos tales como universidades de verán ou módulos académicos, conferencias, debates públicos, seminarios, coloquios e sesións de intercambio de información e mellores prácticas.

Imaxen asociada a nova  A convocatoria publícase para aumentar a sensibilización cara á UE e as prioridades da política de comunicación, tal como se establecen no programa de traballo da Comisión para 2013, así como para debater as prioridades políticas clave da UE, a saber:


A creación dunha Unión Económica e Monetaria profunda e auténtica en consonancia coas ideas presentadas polo Presidente da Comisión Europea, José Manuel Barroso, no seu Plan director, así como as súas implicacións para as entidades financeiras españolas, e para a economía, a banca, os sectores financeiros e empresariais españois e as súas relacións con outros países de Europa, tanto dentro coma fóra da zona do euro, en termos da competitividade internacional de Europa.

A creación de emprego: a estratexia de emprego xuvenil da Comisión, o fondo de garantía para a xuventude e a promoción da plataforma de emprego EURES e as iniciativas relacionadas con esta, en particular, o programa «O teu primeiro traballo EURES» en España. Accións destinadas a unha mellor adecuación da oferta e a demanda a través dunha maior coordinación dos sectores público e privado e, sobre todo, entre as rexións dentro de España e entre España e outros Estados membros da Unión Europea.

Potenciar a competitividade mediante o mercado único (en particular, nos sectores dixitais e de servizos) e a política industrial, en consonancia coas recomendacións específicas para España. Foméntanse as actividades para incrementar a sensibilización de pequenas empresas e potenciais emprendedores sobre as políticas e os programas de financiamento da UE de impulso do desenvolvemento e crecemento empresariais.

Futuro desenvolvemento político da Unión Europea, como reforzar a súa lexitimidade e fomentar a participación democrática. Debate e análise das implicacións xurídicas e constitucionais dunha «Federación de Estados nacionais», tal como se sinala no discurso sobre o estado da Unión do Presidente da Comisión Europea Barroso.

Os proxectos deben adoptar a forma de seminarios e conferencias ou actividades para grupos de destinatarios específicos e contribuír ben á posta en común das mellores prácticas en toda España e/ou a estreitar vínculos entre os cidadáns, a sociedade civil e as institucións da Unión Europea, en particular, mediante un mellor coñecemento e competencias prácticas (se procede) das prioridades políticas da Unión, o seu papel e actividades, incluído o financiamento de programas.

Invítase os solicitantes a utilizar os seus coñecementos políticos, capacidade de creación de redes e experiencia na realización de eventos para impulsar o debate público, académico ou de expertos na súa localidade sobre estes temas. Serán especialmente ben acollidas os partenariados entre varias organizacións e entre rexións.

A. Convocatoria de propostas: estas son as especificacións da convocatoria. Inclúen todo o que necesita saber acerca das subvencións dispoñibles, os obxectivos da convocatoria, os prazos, os tipos de proxectos que queremos financiar e o que se lles solicita a vostedes.

B. Formulario de solicitude: por favor, complete o formulario de solicitude clara e concisamente, evitando a repetición, a xerga ou verborrea.

C. Formulario de Presuposto: Este é o seu presuposto estimado. Por favor, encha todos os campos obrigatorios e asegúrese que os custos totais estimados son iguais ao total de fontes de fontes de financiamento.

D. Declaración xurada: este formulario certifica que cumpre cos criterios de elixibilidade e teñen a capacidade financeira e operativa para levar a cabo o proxecto proposto.

E. Formulario de notificación de recibo: este formulario é a proba para vostedes e nós de que a súa solicitude se recibiu a tempo. Será asinada e devolta unha vez se reciba a súa solicitude.

Para poder dar unha subvención temos que estar seguros do seu estatuto xurídico. E temos igualmente que ser capaces de pagar nunha soa conta bancaria. Hai dous formularios que encher.

F. Ficha de entidade xurídica: Hai unha declaración de privacidade deste sitio web e unha selección de tres tipos de entidades xurídicas. Por favor, elixa o axeitado para a súa organización.

G. Ficha de identificación financeira: todo o mundo ten que encher este formulario (a non ser que o fixese no pasado e os seus datos bancarios non cambiasen)

H. Lista de control: Por favor complete a lista de verificación para asegurarse de que incluíu todos os documentos requiridos na convocatoria.

I. Modelo de convenio de subvención: Este é un modelo do acordo que asinará a Comisión cos beneficiarios dunha subvención. Inclúese aquí para fins informativos e a versión final podería cambiar. Por favor NON asinar ou devolver este modelo.

J. Modelo de estado financeiro final: os candidatos tamén terán que encher un estado financeiro final unha vez que o proxecto se complete. Unha vez máis, por favor, non o complete nesta etapa do proceso. Inclúese aquí só con fins de información.

A data límite para presentar o proxecto é o 30 de setembro de 2013.



Concello de Lugo