23/08/2013
Publicadas no DOG do 22 de agosto as bases reguladoras dos programas de Promoción do emprego autónomo (TR341D) e de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)(TR340K).
O programa de promoción do emprego autónomo está dirixido a incentivar as afiliacións á Seguridade Social de persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo como autónomos e autónomas. As afiliacións subvencionables son as comprendidas entre o 11 de setembro de 2012 e o 30 de setembro de 2013. O prazo de solicitude xeral remata o 30 de setembro, debendo respetar os prazos específicos determinados en función da data de alta como traballador ou traballadora autónoma.
Contempla dúas liñas de axudas:
- establecemento como traballadores a traballadoras autónomas e
- subvención financeira .
O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) ten por obxecto xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais. O prazo de solicitude remata o día 30 de setembro de 2013, tendo que respetarse os prazos específicos según a liña ou liñas de axudas ás que se opte.
Contempla cinco liñas de axudas:
- Subvención á xeración de emprego estable;
- Subvención financeira;
- Subvención para asistencia técnica;
- Subvención para o inicio da actividade;
- Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
Mais información sobre a convocatoria na páxina da
Consellería de Traballo e Benestar.
Compartir: