Logotipo
Inicio > Novas > Plataforma informática gratuita para que as e...

Plataforma informática gratuita para que as empresas locais se podan anunciar.

30/08/2013

 

null

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou esta mañá dos asuntos tratados na Comisión de Contas entre os que destaca o funcionamento do directorio de empresas locais que se creou na web do CEI-Nodus.

Sonia Méndez explicou que “este catálogo permite unha difusión gratuíta de todas as empresa do municipio de Lugo, ademais de estar nunha web que ten miles de visitas”  xa que é unha platarforma de promocion gratuíta. Ademais anunciou que dende os departamentos do Concello se vai acudir a este catálogo á hora de contratar naqueles procedementos nos que a lei o permita.

Neste sentido referiuse a que “queremos darlle máxima difusión para que todas as empresas interesadas se den de alta no catálogo de empresas a través do fomulario da web do CEI-Nodus” e explicou que dende o Goberno Local xa se deron pasos para que este directorio sexa o máis amplo posible. “Xa se dirixiu un carta con toda  a información a 70 asociacións empresariais e colexios profesionais para que informen aos seus colexiados e asociados deste servizo gratuíto que ofrece o Concello” segundo a responsable da área de Economía.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion