Logotipo
Inicio > Novas > Esther Muñóz present...

Esther Muñóz presentou a segunda fase do Lugo Emprego Activo 2 que beneficiará a máis de 100 desempregados lucenses

30/08/2013

 Esta nova fase ten como novidade que os interesados en participar deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego xa que serán eles os que fagan a selección

Imaxen asociada a nova  A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou está mañá a segunda fase do proxecto europeo de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2 que este ano ten como novidade que a selección dos participantes realizarase a través do Servizo Público de Emprego xa que deberán estar inscritos no mesmo. 


“Esta decisión está motivada porque nos últimas convocatorias a cantidade de persoas que se presentaron desbordou os servizos cos que conta o Espazo<Lab e as novas normativas do Goberno non nos permiten contratar persoas para levar a cabo estas tarefas de selección” segundo manifestou a responsable da área de Educación.

Esther Muñóz, explicou que “poñemos en marcha a segunda edición deste plan integral a favor das persoas que teñen máis dificultades para acceder ó mercado laboral co obxectivo de dar formación e axudar a buscar traballo a veciños de Lugo.” Desta maneira detallou os datos deste programa formativo e destacou que o proxecto implementase a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral do que forman parte obradoiros de formación transversal, accións formativas, axuda na busca activa de emprego, orientación e intermediación laboral, así como titorización durante todo o proceso. 

Ademais, a Concelleira de Educación, destacou os bos resultados en materia de inserción laboral das primeiras convocatorias deste programa e que actualmente alcanza unha cifra do 33% de inserción xa sexa nunha empresa privada ou a través do autoemprego.

A programación que se presentou hoxe son 7 itinerarios de inserción con 15 prazas cada un nos cales ademais dos obradoiros de formación transversal sobre novas tecnoloxías, habilidades sociais, hábitos laborais, igualdade de oportunidades, medioambiente, realizaranse as seguintes accións formativas:

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio (600 horas)
- Impresión Dixital (440 horas)
- Coidador de persoas dependentes e enfermas de alzheimer (300 horas)
- Operación básicas de cátering (400 horas )
- Acabado de carpintería e moble (320 horas )
- Operacións básicas de restaurante e bar (320 horas )
- Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas (240 horas)

Páxina do Proxecto


· Bases de participacion,0.pdf

· Folleto Informativo,0.pdf


Cooperación
Concello de Lugo