Logotipo
Inicio > News > Axudas CONECTA PEME para fomentar a colaborac...

Axudas CONECTA PEME para fomentar a colaboración público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento.

05/09/2013

A Axencia Galega de Innovación, abre a convocatoria de axudas do Prgrama Conecta Peme, publicada no DOG do 5 de setembro.

Nesta convocatoria, subvenciónaranse proxectos de I+D  (investigación industrial / desenvolvemento experimental) en  cooperación entre PEMES que teñan  por obxecto incrementar a capacidade científico-técnica do tecido empresarial galego en áreas estratéxicas e que estean orientados ao desenvolvemento de tecnoloxías novidosas que supoñan un importante avance para Galicia e conten, a súa vez, con proxección económica e comercial a nivel internacional.

Deben ser proxectos en cooperación, podendo so ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de empresas (entre tres e seis) formada por PEMES validamente constituídas que presenten un proxecto en cooperación entre elas e que deberán formar unha agrupación sen personalidade xurídica.

Os proxectos de I+D subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán ter un orzamento total subvencionable mínimo de 600.000 euros dividido nas distintas actividades a realizar por cada unha das PEMES integrantes da agrupación.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta  de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación das bases.

Mais información no portal da Axencia Galega de Innovación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion