Inicio > Novas > Nova convocatoria pa...


Nova convocatoria para axentes contractuais

12/09/2013

 A Comisión Europea convocou proceso para a selección de Axentes Contractuais (Grupos de Funcións II, III e IV), nos ámbitos xeralistas seguintes: Administración, auditoría, secretariado, economía, finanzas, información e comunicación, linguas, dereito, políticas, xestión de programas e proxectos e estatística.

Imaxen asociada a nova  Para participar no devandito proceso, os interesados deben inscribirse nunha base de datos da Comisión e enviar o seu CV a EU CV on line (o formulario debe cumprirse en inglés, francés ou alemán). Non é requisito necesario ter superado previamente un proceso selectivo convocado pola Oficina de Selección de Persoal da U.E (EPSO). É posible optar por máis dun grupo de funcións e, dentro de cada un deles, por un ou máis ámbitos.


Os candidatos que se inscriban correctamente recibirán un número de confirmación por correo electrónico que confirma que a Comisión rexistrou a súa candidatura.

En función das súas necesidades e presuposto, cada D.G da Comisión seleccionará os candidatos sobre a información facilitada por eles no seu CV. e invitaraos a unha entrevista de avaliación de competencias.

Tras a entrevista, poderán ser contratados por un período de 3 anos que podería ampliarse a 6 anos se prospera a modificación do Estatuto. A maioría dos contratos propoñeríanse en Bruxelas, Luxemburgo e Ispra (Italia).

Requisitos dos candidatos:

Ademais de cumprir as condicións xerais que se indican na convocatoria, deberán cumprir os seguintes requisitos de formación e experiencia profesional:

Formación:
Esíxese un título de ensino superior, sancionado por un diploma. Nalgúns casos, podería acreditarse un nivel de ensino de menor nivel, se o candidato ten experiencia profesional.

Coñecementos lingüísticos:
Coñecemento satisfactorio dunha segunda lingua (inglés, francés ou alemán).

Experiencia profesional:
Non é indispensable.

O prazo de solicitudes está aberto ata que se decida o seu peche pola Comisión Europea.

Facilítanse enlaces útiles sobre esta convocatoria:

Consultar a información xeral publicada na Páxina Web da CE – DGHR (ESP)
Consultar convocatoria (ESP)
Presentación de solicitudes on line

Recordamos que a través da web da Representación Permanente de España ante a UE VER se facilita toda a información relativa a oportunidades de emprego na U.E. así como sobre actividades de formación para a preparación de procesos selectivos.



Concello de Lugo