Logotipo
Inicio > News > O BOE publicou este sábado a "Ley de Apoyo a ...

O BOE publicou este sábado a "Ley de Apoyo a los Emprendedores y su Internacionalización".

30/09/2013

A  lei recolle a creación dun réximen especial de criterio de caixa no IVE para autónomos e pemes que lles permitirá evitar ter que ingresar este imposto ata que cobren as facturas.

Tamén extende as bonificacións e reduccións de cuotas para todos os novos autónomos, independentemente da sua edade ata un máximo de 18 meses.

Outra das iniciativas é a disminución do 20% nos rendementos netos da declaración do IRPF e unha exención completa deste imposto cando se capitalice a prestación por desemprego.


Tamén se beneficiarán das medidas aquelas iniciativas que teñan impacto na creación de postos de traballo ou de innovación científica ou tecnolóxica.

Noutra orde de cousas, a nova norma establece a figura do Emprendedor de Responsabilidade Limitada (ERL), o que levará a que a responsabilidade derivada das débedas empresariais non afecte á sua vivienda habitual, se o capital pendente non supera os 300.000 euros.

Consulta a publicación do BOE.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion