Logotipo
Inicio > Novas > O Concello de Lugo r...

O Concello de Lugo recibe máis de 214.000 euros de remanentes para adicarllo ao programa Lugo Emprego Activo 2

01/10/2013

 Esther Muñóz salientou que “isto é unha gratificación para nós xa que significa que valoran positivamente as accións formativas que levamos a cabo”.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou que o programa Lugo Emprego Activo conta con 214.300 euros máis no seu presuposto “grazas ao bo facer do Concello de Lugo nas súas políticas de formación”.

Imaxen asociada a nova  Esta nova aportación débese ao reparto de remanentes das axudas non executadas e cofinanciadas con cargo ao Fondo Social Europeo e que o Estado distribúe a proxectos de diferentes entidades públicas que desenvolvan programas formativos con bós resultados. 


Esther Muñóz sinalou que o programa Lugo Emprego Activo conta con 214.300 euros máis, de maneira que o presuposto total pasa a ser de 1.502.192 euros. “Síntome moi orgullosa porque esto é un respaldo claro ao traballo que desenvolvemos e seguiremos traballando nas diferentes accións formativas para que as persoas desempregadas poidan ter coñecementos especializados” segundo declarou Muñóz. Esta cantidade está destinada exclusivamente a realizar accións formativas contempladas no proxecto inicial ou ben crear novas edicións dos itinerarios do proxecto en execución.

Neste sentido, tamén informou que “grazas a esta nova achega podemos ampliar o programa Lugo Emprego Activo 2 de abril de 2015 a setembro de 2015 con novos cursos de formación que poden chegar ”.  Desta maneira, o programa Lugo Emprego Activo pasa a ter un presuposto final de 1.502.192 euros, dos que o 80% está financiados polo Fondo Social Europeo.

O programa Lugo Emprego Activo 2 é un proxecto europeo de inserción sociolaboral que ten unha duración de 36 meses, conta con 28 itinerarios diferentes, dos que se beneficiarán máis de 400 persoas.



Cooperación
Concello de Lugo