Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas provisionais das persoas seleccionadas para participar no obradoiro de emprego Urbs Lucus

04/10/2013

 Foron publicadas as listas provisionais de persoas admitidas no obradoiro de emprego “Urbs Lucus”, que disporá de 24 prazas e desenvolverase durante seis meses nas instalacións do CEI-NODUS. 

 O Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar Social foi o encargado de facer o proceso de preselección dos candidatos entre as persoas inscritas como demandantes de emprego, xa que este obradoiro de emprego lévase a cabo con financiamento autonómico. 


O obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello e que os alumnos adquiran a formación e destreza profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral. Os 24 desempregados que participen continuarán co traballo realizado nos obradoiros de dixitalización do proxecto Muralla Dixital.



Cooperación
Concello de Lugo