Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas definitivas para participar no obradoiro de emprego Urbs Lucus

15/10/2013

Foron publicadas as listas definitivas de persoas admitidas no obradoiro de emprego “Urbs Lucus”, que disporá de 24 prazas e desenvolverase durante seis meses nas instalacións do CEI-NODUS.

Imaxen asociada a nova O obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello e que os alumnos adquiran a formación e destreza profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral. Os 24 desempregados que participen continuarán co traballo realizado nos obradoiros de dixitalización do proxecto Muralla Dixital.



Cooperación
Concello de Lugo