Logotipo
Inicio > Novas > DÍAS EUROPEOS DO EMP...

DÍAS EUROPEOS DO EMPREGO 2013 - Porto, 29 e 30 de outubro

24/10/2013

 Promover a mobilidade en Europa con seguridade é o principal obxectivo deste evento que o IEFP organiza nos próximos días 29 e 30 de outubro, no recinto ferial EXPONOR.

Imaxen asociada a nova  EXPONOR (Porto - Matosinhos) acolle, nos próximos días 29 e 30 de outubro, a 9ª edición dos Días Europeos do Emprego en Portugal. Está promovido polo IEFP, a través da rede EURES, con a colaboración da Comisión Europea e da Consellería de Traballo e Benestar.


Horario de funcionamento: das 11h00 ás 19h00 (hora local de Portugal)

Os Días Europeos do Emprego son unha oportunidade para contactar con empresas e/ou especialistas nos mercados de traballo doutros países, estruturar e aprofundar proxectos individuais de mobilidade e saber mais sobre a forma como EURES e outros servizos de apoio á mobilidade poden axudar aos traballadores que buscan emprego noutros países europeos.

Cun vasto programa de preto de 50 “workshops”, sesións de información e presentacións de empresas, os participantes poden contar con información e consello personalizados sobre:

situación e tendencias de mercado, oportunidades de traballo, 
estratexias mais eficaces de procura de emprego,
recoñecemento de competencias e cualificacións profesionais,
apoios á mobilidade,
oportunidades de carreira en institucións europeas e organizacións internacionais,
outras alternativas de mobilidade no ámbito dos proxectos e redes a nivel europeo, condicións de vida e traballo,

en particular, nos 14 países presentes este ano no evento: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Holanda, Italia, Irlanda, Noruega, Reino Unido, Suecia, Suíza e Portugal.

http://emprego.xunta.es/cmspro/contido
http://www.eures-norteportugal-galicia.org/


· INSCRIPCION,0.pdf


Cooperación
Concello de Lugo