A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañada polas emprendedoras Belén Fernández e Elena Fernández, presentaron unha nova empresa, Artesanal Conffeti, que se instalou recentemente nos laboratorios do CEI-Nodus.
Sonia Méndez explicou que “hoxe comezamos unha serie de presentacións que queremos facer de todos os proxectos creados por empensdedores e que se están instalando no CEI-Nodus xa que é interesante que se den a coñecer a toda a cidade de Lugo polo seu carácter emprendedor e pola posible creación de postos de traballo en diferentes sectores”.
Ademais a Concelleira incidiu en que dende o Concello se quere difundir este tipo de iniciativas porque é importante que se saiba o apoio que se dá aos emprendedores e para que eles transmitan eses proxectos de futuro cos que a cidade gaña en movemento e dinamismo económico.