Logotipo
Inicio > Novas > Ofertas de emprego d...

Ofertas de emprego da Rede Eures

13/11/2013

EURES (EURopean Employment Services), é unha rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de traballadores, un dos principios fundamentais da Unión Europea (UE), como queda indicado nos artigos correspondentes do Tratado que crea a Comunidade europea.

Imaxen asociada a nova A Rede EURES foi creada no 1993 por Decisión da Comisión europea, (substituída pola Decisión da Comisión de 23 de decembro do 2002) para facer posible a libre circulación de traballadores no marco do Espazo Económico Europeo. EURES pon en relación á Comisión europea cos servizos públicos de emprego dos países do Espazo Económico Europeo (países membros da UE, máis Islandia, Noruega e Liechtenstein), con Suíza e con outros organismos.

A rede inclúe ós membros EURES (Servizos públicos de emprego e Comisión europea), as asociacións transfronteirizas e outros socios EURES (asociacións de traballadores, organizacións patronais, universidades, e outras institucións locais e rexionais), todos elos interesados nas cuestións relacionadas co emprego.

O obxectivo da Rede EURES é prestar servizos ós traballadores, ós empresarios, e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e traballo de cada país.

Na procura de emprego: facilita a mobilidade e colocación dos traballadores, podendo acceder ás ofertas de emprego que se presenten en calquera dos países que a compoñen.

Na procura de traballadores: posibilita ó empresario a contratación de traballadores en calquera Estado membro, elevando así o nivel do seu persoal, mellorando os seus produtos e ampliando as súas actividades.



INFORMÁTICO ATENCIÓN AO CLIENTE CON IDIOMA PORTUGUÉS

http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/eures/pdf/oferEspa14Oct_Informaticoatencionalclienteconportugues.pdf

Número referencia EURES: 28579



XESTOR/A DE SERVIZOS DE LIMPEZA PARA TRABALLAR EN ALEMAÑA

http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/eures/pdf/oferEspa23Oct_LINCAMAR.pdf

Número referencia EURES:28593



Cooperación
Concello de Lugo