Foron publicadas as listas das persoas admitidas para asistir aos distintos obradoiros que se desenvolverán a vindeira semana con motivo da III Semana Europea do Emprego.
A selección das persoas fíxose por estrita orde de data de entrega no rexistro, o cal era obrigatorio para formalizar dita inscrición.
Dentro da III Semana do Emprego desenvolverase unha serie de obradoiros gratuítos de busca activa de emprego entre os días 25 e 28 de novembro nas instalacións de Espazo Lab.
Os obradoiros serán o día 25 de novembro en horario de 09.30 a 13,30 horas baixo o título Marca persoal e busca activa de emprego nos medios sociais. A rede Eures, o portal de emprego de Europa e que conta con 75 prazas. O día 26, entre as 10 e as 12.20 horas, un técnico especialista explicará cales son As regras de ouro para preparar un curriculum vitae atractivo, no que hai 25 prazas.
O mércores 27 de novembro ás 10.00 horas comezará o obradoiro sobre Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo que rematará ás 12:30 horas e, finalmente, o xoves 28 entre as 10 e as 12.30 horas levarase a cabo o obradoiro Perder o medo ás probas de selección (dinámicas, tests e outras probas de coñecemento).