Logotipo
Inicio > Novas > Ofertas de emprego d...

Ofertas de emprego da Rede Eures

26/11/2013

EURES (EURopean Employment Services), é unha rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de traballadores, un dos principios fundamentais da Unión Europea (UE), como queda indicado nos artigos correspondentes do Tratado que crea a Comunidade europea.

Imaxen asociada a nova A Rede EURES foi creada no 1993 por Decisión da Comisión europea, (substituída pola Decisión da Comisión de 23 de decembro do 2002) para facer posible a libre circulación de traballadores no marco do Espazo Económico Europeo. EURES pon en relación á Comisión europea cos servizos públicos de emprego dos países do Espazo Económico Europeo (países membros da UE, máis Islandia, Noruega e Liechtenstein), con Suíza e con outros organismos.

A rede inclúe ós membros EURES (Servizos públicos de emprego e Comisión europea), as asociacións transfronteirizas e outros socios EURES (asociacións de traballadores, organizacións patronais, universidades, e outras institucións locais e rexionais), todos elos interesados nas cuestións relacionadas co emprego.

O obxectivo da Rede EURES é prestar servizos ós traballadores, ós empresarios, e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e traballo de cada país.

Na procura de emprego: facilita a mobilidade e colocación dos traballadores, podendo acceder ás ofertas de emprego que se presenten en calquera dos países que a compoñen.

Na procura de traballadores: posibilita ó empresario a contratación de traballadores en calquera Estado membro, elevando así o nivel do seu persoal, mellorando os seus produtos e ampliando as súas actividades.


TELEOPERADORES DE SOPORTE TÉCNICO
 
DATOS DA EMPRESA

Nome de empresa:  ACTION PORTUGAL, S.A. (SITEL)
Web site:  www.sitel.com
Actividade :  Teleservizos

Breve descrición da compañía:
Sitel, multinacional de outsourcing con presenza en 28 países e oficina en Portugal, selecciona axentes telefónicos para a súa oficina de Lisboa para realizar soporte técnico para un dos nosos clientes de tecnoloxías informáticas (Help desk de 1ero nivel para el mercado español).
Portugal é na actualidade un dos mellores lugares para traballar. O noso Contact Center experimentou un dos máis rápidos crecementos e actualmente contamos con máis de 500 axentes e as mellores instalacións.

DATOS DO POSTO
Ocupación: Teleoperadores de soporte técnico
Nº postos: 50
Descrición do posto:
Recepción de chamadas para dar soporte técnico telefónico a incidencias de clientes cos seus ordenadores de sobremesa, portátiles e periféricos. Trátase de solucionar incidencias de maneira telefónica.
 
REQUISITOS
Competencias: excelentes habilidades comunicativas, capacidade para a solución de problemas, habilidade en atención ao cliente e no trato de clientes difíciles e traballo en equipo.
Experiencia: imprescindible experiencia previa mínima de 6 meses en contact center ou en atención ao cliente. Valorable experiencia previa en helpdesk telefónico.
Formación : estudios mínimos de secundaria ou formación equivalente. Valorable estudios de informática.
Idiomas: Español nativo e inglés nivel B1.
 
CONDICIÓNS DO POSTO
Salario: 11.900€ bruto/ano.
Bonus: posibilidade segundo desempeño.
Outros: Ticket restaurant mensual e seguro de saúde privado a todos os empregados a partir dos 6 meses de traballo.
Localidade do posto: Lisboa.
Contratación:  Temporal por obra ou servizo. Previsible que sexa estable.
Xornada: Completa 8 horas/día, 40 horas semanais. Horario: 7:30 hrs a 17 hrs. de Luns a Venres.

Data de incorporación: prevista a mediados do mes de decembro.
Outros: a empresa axuda a atopar aloxamento en Lisboa, existindo posibilidade de axuda económica.
 
MODO DE SOLICITUDE:
Enviar o CV (en español ou inglés) ao seguinte email: francisca.carvalho@sitel.com
Outros datos relativos á solicitude ou selección: As entrevistas de selección realizaranse por Skype.
Data peche oferta: 15 de decembro de 2013



Cooperación
Concello de Lugo