Logotipo
Inicio > Novas > Xornada Informativa ...

Xornada Informativa "volta ao traballo. Europa e o emprego"

05/12/2013

O centro de información europea Europe Direct  do Concello de Lugo, organizou o día 4 de decembro  unha xornada informativa sobre o emprego e a importancia que as decisións do Parlamento Europeo teñen sobre este tema.

Imaxen asociada a nova A xornada que foi presentada pola Concelleira de Educación, formación e orientación laboral, estivo dirixida fundamentalmente á poboación xuvenil, a que se lle achegou información de utilidade para a súa incorporación ao mundo laboral, tal como a Rede Eures, Tu primer trabajo Eures, cómo traballar nas institucións da Unión Europea,  qué é garantía xuvenil, proxectos de emprego con financiación europea no Concello de Lugo.

Un stand informativo estivo todo o día instalado na Praza Maior de Lugo, atendido por persoal técnico que deu resposta a todas as preguntas plantexadas polas persoas que se achegaron ata o mesmo que estiveron relacionadas tanto co emprego como por aspectos relacionados coas institucións da Unión e o seu funcionamento.

Ademais as persoas asistentes tiñan acceso a través de distintas publicacións e consultas por ordenador e pantallas informativas a temas europeos en distintas áreas.



Cooperación
Concello de Lugo