Inicio > Novas > Convocatoria de Opos...


Convocatoria de Oposición Xeral para Institucións Europeas

05/12/2013

O Diario Oficial da UE de hoxe 05.12.13  (VER) publícase a CONVOCATORIA DE OPOSICION XERAL EPSO/AST/129/2013 - AST 3: 111 prazas.

Imaxen asociada a nova Nos seguintes ámbitos (indícase en cada un deles o numero de prazas convocadas):

Contabilidade e xestión financeira  (51)

Economía e Finanzas ( 32 )

Asuntos Xurídicos ( 28 )


PRAZO DE SOLICITUDES (incluíndo a súa validación)

Ata o 14.01.14 ás 12,00 horas do mediodía, hora de Bruxelas. A inscrición realizase vía electrónica seguindo o procedemento indicado na páxina web da EPSO e, en particular, nas instrucións de inscrición. Só é posible inscribirse nun dos campos. Unha vez confirmado e validado o impreso de candidatura electrónica, non resultará posible modificar o campo elixido  Ver vídeo EPSO relativo ao proceso de inscrición en probas selectivas

REQUISITOS DE TITULACION E EXPERIENCIA PROFESIONAL

Requírese un nivel de estudios superiores, acreditado por un título relacionado coa natureza das funcións e unha experiencia profesional dunha duración mínima de tres anos relacionada tamén coa natureza das funcións. A titulación poderá limitarse a un nivel de educación secundaria acreditado por un título que de acceso aos estudios superiores pero, en este caso, a experiencia profesional deberá ser de, a lo menos, seis anos. A experiencia profesional sempre debe ser posterior á obtención do título que da acceso á oposición.

IDIOMAS

Os candidatos deben ter un excelente coñecemento (C1) dunha das linguas oficiais da Unión Europea (lingua 1 - materna) e un coñecemento satisfactorio (B2) do alemán, do francés ou do inglés (lingua 2) Ver táboa de autoevaluación – niveles europeos de linguas

PROCESO DE SELECCIÓN

Aconséllase consultar os apartados IV e V da  convocatoria da oposición, e a Guía para as oposicións xenerais EPSO,

INFORMACION COMPLEMENTARIA

Pode consultarse a Páxina Web de EPSO, O Blog EU CAREERS e a información que se ofrece no apartado procesos selectivos para acceso á Administración da UE do espazo web xestionado pola Unidade de Apoio da Representación Permanente sobre procesos selectivos para acceso á Administración da UE (en especial a nota informativa sobre procedementos de selección para perfiles xeneralistas – asistentes). Na Páxina Web de EPSO facilítanse exemplos de exames. En relación coas probas a realizar en Centro de avaliación aconséllase ver o vídeo EPSO “ A day at the Assessment Cener “ .

FORMACION

En próximas datas, informarase das actividades de formación que ten previsto organizar a Representación Permanente de España ante a UE a través da súa Unidade de Apoio. En todo caso, calquera información de interese sería publicada no apartado Formación do espazo web xestionado pola Unidade de Apoio da Representación Permanente.



Concello de Lugo